FUNDACIÓN

BIEITO LEDO

Padroso, para escoitar e sentir o silencio.

Bieito Ledo

Editor, dinamizador cultural e impulsor dun proxecto colectivo arredor da memoria e do territorio.

Bieito Ledo é unha figura clave da cultura galega contemporánea, vencellada á edición, á promoción da lingua e ao impulso de iniciativas que fortalecen a identidade cultural do país. Desde Padroso, converteu o Carballo nun símbolo literario e comunitario, promovendo a creación dunha obra colectiva que reúne voces diversas arredor da memoria compartida.

A súa traxectoria está marcada polo compromiso coa cultura entendida como ben común, pola defensa do patrimonio e pola vontade de crear espazos de encontro onde a palabra, a terra e as persoas dialogan.

Liñas de traballo
  • Edición e publicación cultural
  • Promoción da literatura galega
  • Defensa do patrimonio natural
  • Dinamización territorial
  • Proxectos colectivos
  • Memoria cultural
  • Accións culturais e divulgativas
  • Hospitalidade e Camiño
O Carballo de Padroso I

O Carballo de Padroso I

O Carballo de Padroso II

O Carballo de Padroso II

O Carballo de Padroso III

O Carballo de Padroso III

O Carballo de Padroso, esta vella e venerable árbore, existe hoxe no mapa botánico de Galicia mercé á condición ecolóxica da Fundación Bieito Ledo. En só tres anos e xa con tres libros colectivos, a benemérita fundación chantou no mundo das mellores inquedanzas ecolóxicas este octosílabo: O Carballo de Padroso.

Xesús Alonso Montero

Renace hoxe, eiquí, en Padroso, un carballo destinado a simbolizar a liberdade de todos, na que se inclúe a liberdade colectiva e total dos galegos e galegas.

Xosé Luís Méndez Ferrín

Como agora fai a Fundación Bieito Ledo, ‘os devanceiros veneraban carballos coma o de Padroso mil anos antes de Cristo, fixeron deles o cerne de rituais públicos e iniciáticos coma eles porque sabían que atrapar unha das súas follas no cando está a caer, faríanos indemnes ás gripes e ás friaxes invernais, que temos mellor sorte se levamos un anaco de cortiza, ou unha landra, cando nós…

María Xosé Porteiro

É Bieito Ledo pasados os oitenta, varudo e orgulloso avó, que non perdeu un ápice de seu entusiasmo e de mocidade e da súa teimosa vontade de madurez, capaz de crear arredor do Carballo de Padroso un xuntorio laico de espírito druídico.

Manuel Bragado

As novas

Peregrinos del mundo, unidos junto al Carballo de PadrosoNovas

Peregrinos del mundo, unidos junto al Carballo de Padroso

pumpundixitalpumpundixital14 de Abril de 2026