Avelino Jácome

Formou parte do seguinte libro:

O Carballo de Padroso I
Fundación Bieito Ledo
O Carballo de Padroso
Memoria, palabra e territorio

Biografía

Avelino Jácome, nado en Venezuela en 1963 e afincado en Ourense, é escritor, poeta, editor e activista cultural. Fillo de emigrantes galegos, a súa obra recolle con frecuencia a memoria familiar, a emigración e o mundo rural galego. Colaborou en distintos medios de comunicación e impulsou proxectos de divulgación cultural. A súa escrita caracterízase por unha forte carga emocional e por unha mirada fondamente enraizada na terra.